martes, 14 de mayo de 2013

Euroscola 2013

Despois dun mes e medio de traballo e esforzos adicados ao concurso Euroscola é satisfatorio ver que o resultado final foi o que esperabamos ou incluso mellor. 
Destaco deste reto a unión que supuxo para nós, e a cooperación e coordinación entre todos ao repartirnos o traballo; soubemos divertirnos, traballar en equipo e o máis importante, aprendemos moitos contidos sobre a Unión Europea antes descoñecidos para nós. 
Aínda que foi un traballo cheo de vantaxes e diversión, o estrés e os nervios non faltaron, pero vendo os resultados está máis que claro que foi un periodo productivo e emocionante para todos! 
Si me preguntasen se repetiría, diría que sí.
Agora só cabe esperar e ver se hai sorte.


O noso blog: TicBoiro2013